A directiva da Asociación de Propietarios de Montes do Morrazo reuniuse este martes coa alcaldesa de Marín, María Ramallo, con motivo das xornadas sobre o futuro dos montes do Morrazo, que se celebrarán no Museo Manuel Torres os días 4 e 5 de maio.
Os Propietarios de Montes do Morrazo trasladaron ao goberno local o traballo que están realizado para tratar de identificar, ordenar e poñer en valor as parcelas particulares.
Este traballo desenvólvese conxuntamente co Catastro que se encarga tamén asesorar aos propietarios sobre a posibilidade de ordenar as distintas leiras, moitas delas abandonadas. Tamén se informa aos propietarios particulares dos seus deberes e obrigacións.
As xornadas sobre o futuro dos montes abordarán estas e outras cuestións como as certificacións ambientais, experiencias empresariais e o aproveitamento e protección do monte.