O Concello de Cuntis inicia un ano máis os obradoiros de prevención das condutas aditivas no ámbito escolar.
Esta proposta forma parte do Proxecto de prevención no que participa desde 2006 xunto aos concellos de Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas.
Estas actividades contan co apoio da Consellería de Sanidade a través do Servizo de prevención das condutas aditivas.
Durante o curso 2024-2025, o C.P.I Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis acollerá os obradoiros, dirixidos ao alumnado de sexto de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.
A formación inclúe contidos como hábitos saudables, habilidades sociais e de rexeitamento, autoestima e intelixencia emocional.
Tamén está previsto abordar, durante as sesións, o tratamento dos mitos e riscos sobre o uso de novas tecnoloxías, tabaco, alcol e outras drogas.
En 2025 reforzarase o programa con obradoiros para familias e campañas de sensibilización para toda a poboación.
Contacto Servizo de prevención das condutas aditivas:
- Dirección: Centro Ocupacional "A Ran", Cuntis.
- Teléfono: 986 59 59 22 (Horario de 9:00 a 14:30h)
- E-mail: prevenciondrogodependencias@concellodecuntis.es
- Blog: www.prevenciondrogodependencias2020.blogspot.com