Obradoiros creativos para nenos como previo á Feira Franca

Pontevedra
30 de xuño 2014

O CITA acollerá catro talleres relacionados coa temática escollida para a próxima edición da feira medieval, a astronomía. Celebraranse durante todo o verán

Feira Franca
Feira Franca / Juan Mejuto

O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) acollerá durante o verán unha serie de obradoiros relacionados co tema escollido para ambientar a próxima Feira Franca, a astronomía.

Estes talleres son gratuítos e están dirixidos a nenos de 6 a 12 anos, que poderán participar nunhas xornadas prácticas sobre o sol, os planetas do sistema solar, a lúa, as estrelas e as constelacións.

Cada curso terá 15 prazas e unha duración de dúas horas, cun límite de dous talleres como máximo por cada neno. Están organizados pola Asociación Fins e terán a súa culminación o mesmo día da Feira Franca cunha exposición dos traballos realizados.

Os interesados en anotarse poden chamar ao teléfono de atención habilitado para a festa mediaval, o 986 860 587.

Os talleres que se organizarán son os seguintes:

  • O sol como fonte de enerxía: 22 e 25 de xullo.
  • Os planetas do sistema solar: 22, 28 e 29 de xullo.
  • A beleza da lúa: 4 e 5 de agosto.
  • A maxia das estrelas: 18,19 ,25 e 26 agosto.

 

Arquivado en