O xulgado de violencia sobre a muller asume o caso de Sonia Iglesias

Pontevedra
18 de setembro 2013

"ÿ positivo para nos porque cremos que así poden seguir coas dilixencias que estaban abertas ou incluso poden abrir novas dilixencias. Pero para nos o máis importante é que se abre a posibilidade de que podan separar o fillo da miña irmá do único imputado que hai ata o momento da súa desaparición que é a súa parella", declarou Mari Carmen Iglesias, irmá da desaparecida

A Sección Cuarta de la Audiencia Provincial de Pontevedra decidiu que o xulgado especializado en Violencia sobre a Muller asuma o caso xudicial aberto pola desaparición de Sonia Iglesias Eirín hai máis de tres anos.

A familia Iglesias Eirín acolle con agrado esta decisión xa que espera que marque un punto de inflexión ao reactivarse as dilixencias.

"ÿ positivo para nos porque cremos que así poden seguir coas dilixencias que estaban abertas ou mesmo poden abrir novas dilixencias. Pero para nos o máis importante é que se abre a posibilidade de que podan separar o fillo da miña irmá do único imputado que hai ata o momento da súa desaparición que é a súa parella", declarou Mari Carmen Iglesias, irmá da desaparecida.

O traslado do expediente a violencia de xénero será polo tanto un argumento para solicitar a custodia do fillo de Sonia, xa que o menor vive co seu pai, Julio Araújo, que é o único imputado.

O Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra levou dende un primeiro momento este caso, pero a principios de 2013 o xuíz pediu que pasase á sala especializada en violencia sobre a muller. Este primeiro intento resultou frustrado porque este último xulgado o rexeitou en maio.

O fiscal xefe da Audiencia de Pontevedra, Juan Carlos Aladro, tamén entende que debe ser violencia de xénero quen leve o caso, de modo que presentou un recurso ante a Audiencia Provincial para que non se admita a última resolución do xulgado especializado pola que rexeita asumir o proceso xudicial.

O auto da sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra xa foi notificado ao imputado e a acusación particular.

Este auto é firme e contra o mesmo non cabe recurso.

Arquivado en