O Xulgado do Mercantil rexeitou o recurso interposto polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que solicitaba que se taxase o lote composto pola marca Miau e polas fábricas de Vilaxoán e Ribadumia nun total de 27 millóns de euros.
Tras esta decisión Alfageme será poxada o vindeiro xoves cun prezo de saída de 900.000 euros.
O xuíz tamén desestimou a posibilidade suscitada polo Igape de que a conservera revierta a mans da Xunta de Galicia en caso de quedar deserta a poxa.
Polo momento só se presentou unha oferta que puxará pola marca Miau, pero non polas naves.
O luns saberase definitivamente cantos postores estarán en na poxa que se celebrará tres días despois.