O Concello de Sanxenxo organiza para o vindeiro sábado, 20 de xaneiro, unha xornada voluntaria de limpeza de praias en 21 areais do municipio.
Segundo a información facilitada polo Concello, a xornada de limpeza desenvolverase durante tres horas, entre as 9.00 e as 12.00 horas, aproveitando a marea baixa.
O obxectivo da iniciativa é recoller e clasificar os granulados, coñecidos como 'pellets', que desde mediados de decembro empezaron a chegar á costa galega procedentes dun contedor perdido polo mercante Toconao fronte á costa portuguesa. En Sanxenxo o 9 de xaneiro.
Ademais, as persoas voluntarias terán consígnaa recoller calquera outro residuo plástico ou doutro material que se localice nos areais.
As persoas que estean interesadas en participar como voluntarias poden apuntarse nos seguintes teléfonos: 986744909 / 986720075.