O voluntariado de Marín creou máis de 26.000 máscaras para loitar contra o coronavirus

Marín
06 de xuño 2020

Durante os meses que durou o estado de alarma, un total de 150 voluntarios e voluntarias confeccionaron un total de máis de 26.000 unidades que repartiron entre as farmacias e entre os comerciantes e hostaleiros da vila a medida que ían retomando a súa actividade

Once farmacias de Marín xa teñen máscaras feitas polo voluntariado
Once farmacias de Marín xa teñen máscaras feitas polo voluntariado / Concello de Marín

O Concello de Marín puxo fin esta fin de semana á iniciativa solidaria de confección de máscaras para combater o coronavirus.

Durante os meses que durou o estado de alarma, un total de 150 voluntarios e voluntarias confeccionaron un total de máis de 26.000 unidades que repartiron entre as farmacias e entre os comerciantes e hostaleiros da vila a medida que ían retomando a súa actividade.

Todas elas entregáronse desinfectadas e empaquetadas cumprindo con todas as medidas de hixiene e sanitarias.

Para clausurar este fío de solidariedade, altruísmo e xenerosidade, o Concello colgou un vídeo a través das redes sociais para "agradecer profundamente a colaboración do voluntariado que fortaleceu ao municipio como un pobo solidario e comprometido".