O vento desprende as chapas dun tellado cortando a estrada de Laxoso

Ponte Caldelas
26 de maio 2023

O forte vento rexistrado este xoves pola noite provocou o desprendemento das chapas dun tellado que caeron sobre a calzada da estrada de Laxoso, a PO-234, ao pasar a Praza de Cotobade

O vento desprende as chapas dun tellado cortando a estrada de Laxoso
O vento desprende as chapas dun tellado cortando a estrada de Laxoso / Concello de Ponte Caldelas

O forte vento rexistrado este xoves pola noite provocou o desprendemento das chapas dun tellado que caeron sobre a calzada da estrada de Laxoso, a PO-234, ao pasar a Praza de Cotobade.

Máis aló do corte de tráfico e dos danos materiais, non hai que lamentar ningún dano ás persoas.

Segundo informou o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, o suceso tivo lugar pasadas as once da noite.

Unha patrulla de tráfico acudiu ao lugar dos feitos levantando un atestado coa incidencia.