O Valedor do Pobo solicita documentación ao Concello de Pontevedra sobre as prórrogas a Elsamex

Pontevedra
01 de xullo 2014

Da quince días para facilitar un informe sobre as prórrogas concedidas á concesionaria de mantemento de xardíns

Sede da oficiña do Valedor do Pobo
Sede da oficiña do Valedor do Pobo / PontevedraViva

O Valedor do Pobo admitiu a trámite a queixa remitida a mediados de xuño polo Partido Popular para obter información ante algúns casos de prórrogas contractuais concedidas polo Concello de Pontevedra a firmas concesionarias de servizos municipais.

O caso concreto obxecto da iniciativa do PP foi o de Elsamex, adxudicataria do mantemento e conservación de xardíns desde febreiro de 2006 e que ata hoxe se beneficiou de dúas ampliacións desta concesión a pesar de contar con informes contrarios emitidos por Secretaria e Intervención municipais.

O Valedor deulle quince días ao Concello para que lle remita documentación sobre o asunto.

Arquivado en