O uso de máscaras hixiénicas ou cirúrxicas será obrigatorio en espazos pechados e na vía pública "se non é posible garantir a distancia mínima de seguridade de dous metros".
Así o acordaron o Goberno central e as comunidades autónomas na reunión do Consello interterritorial do Sistema Nacional de Saúde ( SNS) celebrado na tarde deste luns, segundo comunicou o Ministerio de Sanidade a través dun comunicado.
Este uso obrigatorio das máscaras súmase ao que xa estaba activado para o transporte público e quedará regulado nunha orde ministerial que publicará nos próximos días.
A reunión do Consello interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (SNS) tamén serviuservido para que o Ministerio anunciase que fará un envío de luvas e de máscaras a todas as comunidades e dese a coñecer que cada autonomía terá potestade para regular certas actividades dentro da fase 2 en relación coas visitas aos centros de persoas maiores.