O turismo verde, a gran aposta de Marín para desenvolver todo e seu potencial

Marín
25 de decembro 2022

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, está convencida de que a vila poderá desenvolver todo o seu potencial turístico nos próximos anos grazas ao Plan de Sustentabilidade Turística

Pablo Novas, Marián Sanmartín, María Ramallo e Manuel Santos
Pablo Novas, Marián Sanmartín, María Ramallo e Manuel Santos / PontevedraViva

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, está convencida de que a vila poderá desenvolver todo o seu potencial turístico nos próximos anos grazas ao Plan de Sustentabilidade Turística, unha proposta centrada no turismo verde, de calidade e respectuoso co medio, que conseguiu un financiamento europeo de 2 millóns de euros que "nos va a posibilitar sacar adelante otras muchas actuaciones que teníamos en mente".

Dentro desta proposta entrarán proxectos tan relevantes como a restauración ambiental do Lago Castiñeiras. "Es nuestra gran apuesta. Siempre es ese gran olvidado", afirma Ramallo.

A alcaldesa lembra que "allí ya hicimos parques infantiles, asadores y una serie de mejoras con las que buscamos una recuperación ambiental de la mano de las comunidades de montes, que son las verdaderas propietarias" pero de cara ao próximo ano "queremos destacar el valor medioambiental y ecológico de ese espacio interior" xa que está convencida de que"para Marín tiene que ser un potencial turístico de referencia".

Dentro deste "turismo verde" polo que traballa Marín tamén se inclúen proxectos como a creación dunha estación BTT e dun sistema de préstamo de bicicletas e patíns eléctricos e a creación dunha rede de sendeiros naturais. Esta liña programática contará cunha dotación de 355.217 euros.

No que respecta a a mellora da eficiencia enerxética, exponse a renovación da iluminación nas praias e nos espazos de lecer e parques, para substituir as antigas luminarias por novos puntos de luz con tecnoloxía LED, o que permitirá profundar no aforro enerxético.

Ademais, incluirase a renovación de toda a senda peonil e ciclable ao longo do vial, para fomentar os traslados ata os areais a pé ou en bicicleta, evitando o tráfico e reducindo as emisións de CO2 á atmosfera. En total, a esta liña destinaranse 821.739 euros.

Outro dos proxectos que ilusionan ao goberno local é a creación das piscinas naturais no bordo litoral da Praza de España, que conseguirán crear un espazo apto para o baño entre a parcela na que se situará o centro sociocultural e o Paseo Alcalde Blanco. A súa realización, que contará con varias fontes de financiamento, cubrirá unha partida do plan de 400.000 euros.

Ramallo tamén lembra que en 2023, o Concello de Marín comezará coas obras do río Lameira, que "permitirá poner en valor el río con un corredor verde".

Na axenda tamén figura o proxecto de aparcamento subterráneo no Parque Eguren, que xerou o rexeitamento dos grupos municipais do Partido Socialista e do BNG aos que a alcaldesa reprocha que, en todos os anos que leva en política "nadie me ha sabido decir más sitios viables para determinados equipamientos" polo que conclúe que "no se puede esperar a que las cosas arranquen para decir que algo no me gusta o que podría ser en otro sitio". 

BALANCE

Como balance deste ano 2022, marcado singularmente polo naufraxio do Villa de Pitanxo, a alcaldesa marinense mostra a súa satisfacción porque no ámbito municipal o goberno local "ha desarrollado una serie de proyectos que se han ido fraguando" ao longo do mandato.

Díxoo en referencia á Avenida de Ourense, o Paseo Alcalde Blanco ou o inicio das obras do auditorio "tres grandes éxitos conseguidos después de haberlos gestionado durante varias legislaturas" e que "estaban incluidas ya en nuestro programa electoral de 2011".