O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) denegou a petición da Xunta e rexeita autorizar xudicialmente que certos establecementos da a hostalería e o lecer nocturno teñan a obrigación de pedir aos clientes certificados covid.
O alto tribunal galego notificou este sábado a parte dispositiva dun auto cuxo contido íntegro dará a coñecer nos próximos días.
A decisión xudicial chega despois de que a Xunta presentase este venres a petición de autorización. Os maxistrados tombaron este xoves a medida por afectar os dereitos fundamentais xa que a Xunta non solicitara a súa necesaria ratificación xudicial.
A última hora deste venres, o Goberno autonómico anunciou unha nova orde que modifica os aforos da hostalería.
Unha alternativa prevista para este caso unha vez que o TSXG non avalou o certificado covid e que entrará en vigor ás 00.00 horas do martes. As medidas afectarían a todos os municipios.
Nos concellos en nivel máximo, o interior dos negocios hostaleiros pecharase. No nivel alto, pasarían dun aforo do 50% con certificado ao 30% coas novas normas.