A Comisión Europea denunciaba o goberno español en novembro de 2014 ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) por non tratar de maneira adecuada as augas residuais na ría de Pontevedra e na provincia de Xirona.
Este xoves 10 de marzo, o Tribunal europeo ratificou esa denuncia sinalando que se incumpre a normativa comunitaria debido ao mal tratamento das augas de Pontevedra, Marín, Bueu e Poio.
O Tribunal apunta que se incumpre a obriga de garantir un tratamento secundario e a de realizar un tratamento máis rigoroso antes de verter esas augas en zonas sensibles cando se trata de verteduras procedentes de espazos urbanos con máis de 10.000 habitantes.
Desde o goberno local, o portavoz municipal Raimundo González indicou que a responsabilidade desta situación corresponde á Xunta de Galicia e do seu organismo autónomo, Augas de Galicia, porque ante a insuficiencia da depuradora non aplica solucións.
Ademais engadiu que a administración autonómica rescindiu unilateralmente o convenio co Concello en relación co río de Os Gafos e aumentou o tempo de permanencia de Ence na ría durante 60 anos máis.
Desta forma, concluíu González, a Xunta realiza actividades contrarias do que tería que facer xa que non está eliminado os focos de contaminación da ría.