O temporal saca á luz miles de aparellos de pesca ilegal

O Salnés
21 de xaneiro 2014

Trátase dunha especie de ánforas plásticas de grandes bocas, de cor negra, que se depositan no fondo do mar suxeitas a unha liña. ÿ un aparello de pesca ilegal. Antes fabricábanse en cerámica pero dende hai anos cambiouse polo plástico

Os últimos temporais arrastraron ao litoral da ría de Arousa miles de "cacharros" para a captura de polbo. Só na praia do Vao, na Illa de Arousa, retiráronse cincocentas unidades.

Trátase dunha especie de ánforas plásticas de grandes bocas, de cor negra, que se depositan no fondo do mar suxeitas a unha liña.

ÿ un aparello de pesca ilegal. Antes fabricábanse en cerámica pero dende hai anos cambiouse polo plástico.

ÿ un tipo de arte que se importou de Portugal e que cada vez é máis frecuente encontrala polo litoral galego. ÿ ilegal polo dano que produce aos bancos de polbo, debido a que dificulta a reprodución da especie, xa que o animal utiliza as ánforas para desovar e os ovos se perden.

O polbo introdúcese neses dispositivos e desovan no seu interior, co que ao extraelos da auga e depositalos na cuberta do barco, as postas quedan na embarcación e non no mar, co que se frustra o nacemento de novas crías.