O Tapalacón, exitoso aperitivo en Cuntis para o entroido e a inminente Festa do Lacón con Grelos

Umia
08 de febreiro 2015

A vila termal acolleu durante toda a fin de semana unha nova cita co certame gastronómico Tapalacón. Foi unha suculenta ruta gastronómica polos catorce locais de hostalaría que participaron este ano

Xente gozando das propostas gastronómicas de Tapalacón en Cuntis
Xente gozando das propostas gastronómicas de Tapalacón en Cuntis / Diego Torrado

En Cuntis xa cheira a lacón. Como aperitivo do Entroido e dúas semanas antes de que se celebre unha nova edición do seu tradicional Festa do Lacón con Grelos -prevista para o domingo 22 de febreiro-, a vila termal acolleu durante toda a fin de semana unha nova cita co certame gastronómico Tapalacón.

Foi unha suculenta ruta gastronómica polos catorce locais de hostalaría que participaron este ano.

Centos de persoas animáronse a probar as propostas que prepararon os hostaleiros de Cuntis. Con cada consumición, os clientes podían probar dúas tapas gratis. Todas elas foron novas receitas, xa que o certame obrigaba a presentar tapas diferentes as de anos anteriores. E, como mandan os canons, a innovación foi a protagonista absoluta.

Os locais participantes foron Don Manuel, A Tenda da Ponte, O Traspaso, A Fontiña, A Casa da Burga, A Bolera, O Parladoiro, Restaurante Praza, 7 Camiños, Batifoula, O Paseo, A Casa das Pejas, Café-Bar Chistoso e Mesón O Valenciano.

Os clientes foron o xurado de excepción desta cita gastronómica. Mediante unhas cartillas que podían recoller en cada local, puntuando cada unha destas tapas. O nome dos gañadores coñecerase nuns días e haberá tamén premios para o público.

A ruta de Tapalacón, que se desenvolveu as tardes-noites de venres e sábado e a mañá do domingo, estivo amenizada coa actuación da Agrupación de Gaitas de Cuntis

Arquivado en