O subdelegado pide 'sentidiño' aos sindicatos o 14-N

Pontevedra
09 de novembro 2012

Ramón Vidal (UGT), José Luis García Pedrosa (CC OO) e Rafael Iglesias (CIG) reuníronse por separado con Coello. Convocounos de forma individualizada convencido de que fixeran unha convocatoria diferenciada para o día da folga xeral, pero pediu o mesmo aos tres

Reunión de traballo de José Luis García Pedrosa, Rafael Iglesias e Ramón Vidal
Reunión de traballo de José Luis García Pedrosa, Rafael Iglesias e Ramón Vidal / PontevedraViva

Actuar con 'sentidiño', que os piquetes informativos non se lle vaian das mans e que non se produzan incidentes entre os que queiran exercer o seu dereito ao traballo e quiene opten polo seu dereito á folga.

Estas foron as peticións do subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, aos representantes de CC OO, UGT e CIG, sindicatos convocantes da folga xeral do 14 de novembro na bisbarra de Pontevedra.

Ramón Vidal (UGT), José Luis García Pedrosa (CC OO) e Rafael Iglesias (CIG) reuníronse por separado con Coello entre as 8.30 e as 10.00 horas. O subdelegado convocounos de forma individualizada convencido de que fixeran unha convocatoria diferenciada para o día da folga xeral, pero pediu o mesmo aos tres.

Ao termo das reunións, os sindicalistas explicaron que o principal obxectivo da reunión foi que Antonio Coello quería pedirlles mesura, que dende as secretarías comarcais se trasladase a todos os sindicalistas, afiliados e manifestantes que actuasen de forma cívica o día do paro. En especial, que coas súas accións respectasen o dereito ao traballo aos que non secunden a folga xeral convocada a nivel estata e en varios países da Unión Europea.

Pola súa banda, o representante do Goberno na provincia comprometeuse ante eles a que el "intentará velar pola seguridade dos que queiran traballar e dos que queiran manifestarse".

Arquivado en