O servizo de Farmacia de Montecelo activa un sistema de dispensación de medicación a domicilio

Pontevedra
24 de marzo 2020

Trátase dunha medida preventiva ante o coronavirus Covid-19 que se pon en marcha co obxectivo de evitar desprazamentos de determinados pacientes con problemas para achegarse ata o hospital para recoller os fármacos do seu tratamento

Punto habilitado no exterior do Hospital de Montecelo para a recollida de medicación
Punto habilitado no exterior do Hospital de Montecelo para a recollida de medicación / Servizo Galego de Saúde

O Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra conta desde este martes cun sistema de transporte e dispensación de medicacións a domicilio para os pacientes da comarca.

Trátase de trátase dunha medida preventiva ante o coronavirus Covid-19 que se pon en marcha co obxectivo de evitar desprazamentos de determinados pacientes con problemas para achegarse ata o hospital de Montecelo a recoller os fármacos do seu tratamento

Segundo confirmou a área Sanitaria realizarase un envío matinal diario, planificado polo servizo de Farmacia do complexo pontevedrés, distribuíndo loxísticamente os medicamentos a domicilios da comarca, sempre previa consulta telefónica consensuada co servizo.

Por outra banda a farmacia de Montecelo segue dispensando diariamente medicación e habilitou de forma cautelar unha zona reservada para vehículos desde a que se poderán recoller os fármacos sen ter que entrar no interior do centro hospitalario.

A previsión é que esta medida de dispensación poida estenderse proximamente ao Hospital do Salnés para dar cobertura total ao área sanitaria, se ben neste caso a súa implantación está aínda en fase de estudo.