O servizo de coidados porta a porta da Xunta estará en Marín os días 1, 4 e 5 de xullo

Marín
29 de xuño 2022

Trátase dun programa de servizos asistenciais ás persoas maiores para a prevención de dependencia, incluindo estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía

Servizo de Coidados Porta a Porta
Servizo de Coidados Porta a Porta / Xunta de Galicia

Os días 1, 4 e 5 de xullo, en horario de 09.00 a 20.00 horas, chegará a Marín a caravana de Coidados Porta a Porta, unha iniciativa da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia que achega servizos asistenciais ás persoas maiores para previr a dependencia, ofrecendo estimulación de memoria, podoloxía e audioloxía.

Para pasar consulta, é preciso solicitar cita previa, no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico [email protected] 

Incluirase estimulación cognitiva e funcional, prevención da dependencia mediante hábitos de vida saudables e promoción do envellecemento activo. No que respecta á podoloxía, pasarase unha consulta básica, ofrecerase corte e limpeza de unllas, eliminación de durezas, calosidades e helomas, así como unha valoración do estado xeral do pé.

En canto a audioloxía, tamén se ofrecerá unha consulta básica, a exploración funcional da audición e a prevención da perda auditiva.