O Sergas fará PCR sen cita previa no lateral do Hospital Provincial durante toda a ponte

Pontevedra
03 de decembro 2021

Entre este sábado 4 e o mércores 8 de decembro, isto é, durante toda a ponte festiva de decembro, toda a cidadanía que así o desexe poderá acudir ao aparcamento lateral do Hospital Provincial para realizar unha proba PCR. Funcionará de 15:30 a 18:00 horas e de 18:30 a 20:30 horas

Cribado no Hospital Provincial a alumnado de institutos de Pontevedra
Cribado no Hospital Provincial a alumnado de institutos de Pontevedra / Mónica Patxot

Entre este sábado 4 e o mércores 8 de decembro, isto é, durante toda a ponte festiva de decembro, toda a cidadanía que así o desexe poderá acudir ao Hospital Provincial para realizar unha proba PCR e detectar posibles casos de covid-19. 

O punto de test PCR estará no aparcamento lateral do Hospital Provincial de Pontevedra en horario de tarde. En concreto, funcionará de 15:30 a 18:00 horas e de 18:30 a 20:30 horas.

Poderá acudir a efectuarse a PCR calquera persoa, sen necesidade de cita previa.

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés anunciou esta medida este venres e explicou que forma parte da súa campaña preventiva de detección e control da covid-19 na comarca.

Para efectuar as probas, neste punto PCR covid traballará un equipo que faga as probas e tamén un administrativo.

O Sergas vai habilitar os espazos e circuítos de acceso pertinentes no aparcamento lateral do Hospital Provincial.