O sendeiro das Salinas do Ulló ampliarase ata a Cancela do Lobo

Vilaboa
26 de outubro 2023

Algo máis de 300.000 euros investirá o Ministerio para a Transición Ecolóxica, a través da dirección xeral de Costas, para ampliar a senda peonil das Salinas do Ulló con dous novos tramos, que levarán este itinerario ata a zona coñecida como Cancela do Lobo

As Salinas do Ulló
As Salinas do Ulló / Concello de Vilaboa

Algo máis de 300.000 euros investirá o Ministerio para a Transición Ecolóxica, a través da dirección xeral de Costas, para ampliar a senda peonil das Salinas do Ulló con dous novos tramos, que levarán este itinerario ata a zona coñecida como Cancela do Lobo.

O Concello de Vilaboa recibiu xa a notificación do inicio da exposición pública do proxecto, abríndose así o periodo de presentación de alegacións.

A actuación prevista parte do ámbito das Salinas do Ulló,  continúa durante aproximadamente medio kilómetro, bordeando a elevación boscosa que existe, ata conectar cun camiño existente na zona coñecida como a Cancela do Lobo. 

A obra divídese en tres tramos diferenciados, considerados o primeiro e o último como rampas para salvar desniveis e como itinerario peatonal o tramo intermedio, tendo sempre en conta o entorno natural protexido e non urbanizado no que se ubica.

Na medida do posible, o trazado apoiarase no percorrido do sendeiro existente para minimizar as afeccións medioambientais.

As características deste novo tramo de sendeiro garanten a accesibilidade a través dun itinerario peonil de más de 1,80 metros de ancho libre de obstáculos así como unha inclinación que non supere o 10% nos puntos máis altos.

Ademais, o trazado contará tamén con bancos de madeira estilo nórdico e valados rústicos que delimiten o paseo.

O goberno local de Vilaboa comezou en abril do 2021 as negociacións con Costas para que asumise a ampliación da senda das Salinas, como parte do proxecto global para crear un sendeiro litoral que unise este entorno co Forno do Cal.

Co inicio deste proxecto, confirmado esta mesma semana, o tramo que parte das Salinas de Ulló avanza hacia Santa Cristina mentras que o Concello traballa en colaboración co GALP para executar un novo trazado que parte do Forno do Cal que garanta unha primeira senda peonil nesa zona.

"É imposible para un concello como o noso desenvolver un proxecto desta envergadura dunha soa fase, por iso deseñamos esta senda en varias fases", subliñou o alcalde, César Poza, que sostén que cada tramo "nos acerca un pouco máis a ese soño que é ter un sendeiro litoral que vertebre Vilaboa".