O sector hoteleiro demanda a inspección das 51 vivendas de uso turístico rexistradas en Vilaboa

Vilaboa
13 de xuño 2024

César Poza, alcalde do Concello de Vilaboa, traslada esta petición á Xunta de Galicia, administración con competencias delegadas en materia de Turismo, para que determine si se trata de viviendas o de empresas. Reclama que se estableza con claridade un Decreto para regular as diferentes modalidades de aloxamento

Vilaboa
Vilaboa / Turismo de Galicia

César Poza, alcalde de Vilaboa, solicita á Xunta de Galicia como administración con competencias en materia de Turismo, que regule as Vivendas de Uso Turístico (VUTs), para establecer criterios aplicables a toda Galicia.

Indica que o sector hostaleiro manifesta a súa preocupación demandando do Concello a inspección das 51 vivendas de uso turístico en Vilaboa dadas de alta no Rexistro da Xunta.

Poza explica que a falta dunha lexislación "clara e aplicable" a todos os municipios galegos conleva efectos negativos tanto para as administracións locais ao carecer de recursos para realizar as inspeccións como para as persoas propietarias de vivendas ao enfrontarse a unha situación de inseguridade xurídica.

"Non ten sentido algún que se derive aos Concellos a responsabilidade de esixir o cumprimento de determinados requisitos, como a súa alta no rexistro de actividades económicas, cando o Decreto da Xunta define ás VUTs como unidades residenciais", argumenta o alcalde de Vilaboa.

Apunta a que as sentenzas recollidas sobre vivendas vacacionais durante os últimos anos deben ser incorporadas ao Decreto da Xunta e, ao mesmo tempo, establecer o mesmo criterio consensuado con Facenda.

A Xunta, segundo Poza, debe decidir "se son vivendas ou son empresas e trasladar con claridade ese criterio ao Decreto que regula as diferentes modalidades aloxativas".

Demanda que todas as persoas propietarias dunha vivenda en Galicia dispoña dos mesmos dereitos e obrigas a través dunha regulación que defina a situación e evite a "sobrecarga de responsabilidade" que, segundo denuncia César Poza, está a afectar aos concellos pequenos.