Pontevedra xa está preparada para celebrar a tradicional festa do Samaín, que esta fin de semana se vivirá especialmente na praza da Ferrería e no mercado de abastos.
O domingo 31 de outubro celebrarase a partir das seis da tarde na Ferrería un obradoiro de calacús. A actividade estará situada nos soportais principais da praza durante boa parte do día para permitir á cidadanía dar forma aos seus calacús.
Ademais, a agrupación Os de Algures realizarán varios pasarrúas desee a mesma hora polas rúas e plazas do centro histórico, coa idea de animar á veciñanza.
No mercado de abastos haberá durante toda a fin de semana unha oferta de talleres creativos e de cociña dentro da actividade de O Ganapán. Será entre o sábado 30 de outubro e o luns 1 de novembro.
O programa de lecer infantil impulsado pola Concellería de Promoción Económica e Turismo propón sinxelas receitas e adornos que estarán protagonizados por algúns dos seres máis representativos do imaxinario do Samaín e de Halloween: cabazas, momias, frankensteins, esqueletos, meigas, gatos negros ou pantasmas.
Para o sábado 30 de outubro está previsto un taller de elaboración de 'empanadillas' con forma de cabaza. O domingo 31 desenvolveranse unha actividade de elaboración de galletas de améndoa coa forma dos dedos dunha meiga e outra titulada 'Habelas hainas' na que se construirá unha casa para que meigas e outros seres mitolóxicos do Samaín se sintan ben acollidos no Ganapán.
O luns 1 de novembro elaborarán divertidas salchichas 'momia' recheas e envoltas en masa crocante e vaise conmemorar o Día de Mortos ao estilo de México coa creación dos clásicos monicreques de esqueleto.
Os talleres están destinados a rapaces de 4 a 10 anos e que todos aqueles interesados en participar deberán reservar praza previamente inscribíndose a través do email [email protected] antes das 16:00 horas do día anterior ao da celebración das actividades. Como vén sendo habitual, cada xornada haberá dúas sesións, unha ás 11:00 horas e outra ás 12:30 horas.