O Rotary Club repite doazón de 20 tablets para enfermos illados de Montecelo

Pontevedra
22 de abril 2020

Este mércores, o presidente do Rotary Club Pontevedra, Sindo López, facía entrega de 20 tablets máis ao área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Acudían a recollelas os directivos Sonia Fernández- Arruti, directora de procesos asistenciais, e Jorge García- Borregón, subdirector do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Entrega da doazón de 20 tablets por parte do Rotary Club á área sanitaria de Pontevedra e O Salnés
Entrega da doazón de 20 tablets por parte do Rotary Club á área sanitaria de Pontevedra e O Salnés / Sergas

A principios do mes de abril, o Rotary Club Pontevedra doaba 20 tablets para que os enfermos de Montecelo illados por coronavirus puidesen contactar coas súas familias.

Entón, os rotarios xa eran conscientes de que se necesitaba máis axuda, porque os casos ían incrementando. Fixeron un chamamento non só aos seus asociados, senón a toda a cidadanía para recadar o diñeiro suficiente co que custear unha nova remesa a través da campaña "Rotary conecta o mundo e a ti cos teus".  

E a solidariedade deu os seus froitos.

Este mércores, o presidente do Rotary Club Pontevedra, Sindo López, facía entrega de 20 tablets máis ao área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Acudían a recollelas os directivos Sonia Fernández- Arruti, directora de procesos asistenciais, e Jorge García- Borregón, subdirector do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

Tanto nesta entrega, como na doazón anterior, o Rotary contou coa colaboración do Grupo Froiz.

Con este material tecnolóxico, facilitarase que aqueles pacientes hospitalizados afectados por COVID-19 e sometidos a illamento poidan poñerse en contacto cos seus familiares e achegados. Ademais, estas tablets van quedar, como a anterior doazón, a enteira disposición da área sanitaria para que poidan nun futuro ser usadas por pacientes de calquera patoloxía que non dispoñan de medios para comunicarse co exterior ou mesmo para poder ter uns momentos de distracción.