O Rotary Club Pontevedra súmase ás entidades que ante as consecuencias económicas da pandemia, concentramente as que están a derivar en situacións de emerxencia para acceder a produtos de primeira necesidade, e doa dúas toneladas de alimentos.
A metade destes produtos entregáronse ao Banco de Alimentos de Pontevedra "despois de escoitar as necesidades perentorias que ten neste momento". Tamén atenderon ás demandas realizadas polo propio Concello, de forma que entregaron unha tonelada de froita para o programa 'Porta a porta'.
No primeiro caso é o Banco de Alimentos quen se encarga cos seus recursos humanos e materiais de distribuír os paquetes de alimentos. No caso de 'Porta a porta', a doazón do Rotary foi a achega de mil euros en Froitas Moncho para que o Concello proceda á pertinente distribución dos produtos. Os voluntarios da iniciativa municipal recollían esta mercadoría que repartirán entre unhas duascentas familias en situación de vulnerabilidade.
Estas foron as dúas últimas iniciativas coas que colaboran ante a conxuntura social e económica da cidade. Anteriormente entregaron 40 tablets para distribuír en hospitais e centros de maiores da área sanitaria de Pontevedra; fixeron entrega de 750 euros á Asociación Boa Vida e 500 euros á Asociación ASEII. Desde o Rotary agradecen a resposta de particulares e de empresas colaboradoras como Construcciones Ramírez, Eroski, Clinica MF, Froiz, Conservatorio Mayeusis, Estevez y Fernandez, Gerpesa Social, Persianas Galisur e Imnovaris Galicia.