O ritmo de contaxios non se detén na área sanitaria e suma 55 novos positivos

Pontevedra
04 de xullo 2021

Na área sanitaria hai este domingo 4 de xullo 459 casos activos, 46 máis que o sábado, tras 55 novos positivos e a curación de nove pacientes. Hai 11 pacientes están ingresados nos hospitais, un menos. Non hai cambios na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo, onde permanecen catro pacientes 

Realización de PCR
Realización de PCR / Mónica Patxot

A covid-19 continúa expandíndose na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que este domingo volve confirmar máis de 50 novos positivos. Segundo o balance oficial do  Servizo  Galego de  Saúde, detectáronse 55 desde o sábado. 

En concreto, na área sanitaria hai este domingo 4 de xullo 459 casos activos, 46 máis que o sábado, tras eses 55 novos casos e a curación de nove pacientes. 

Durante a xornada realizáronse 492 PCR (desde o inicio da pandemia xa se fixeron na área sanitaria 250.939), aínda que cabe destacar que non todos os novos casos detéctanse por estas probas, senón tamén por antíxenos. 

Segundo o balance oficial, dos 459 casos activos, 448 son pacientes  asintomáticos ou con síntomas leves que se atopan en corentena nos seus domicilios e 11 están ingresados nos hospitais da área sanitaria. Hai un hospitalizado menos que o día anterior. 

Non hai cambios na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo, onde permanecen catro pacientes ingresados, pero si hai unha persoa menos en planta de hospitalización. En concreto, son sete, cinco no  Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e dous no Hospital  do Salnés.

Desde o inicio do plan de continxencia do COVID-19 curáronse 14.245 pacientes (9 na última xornada) e faleceron 181.

EVOLUCIÓN EN GALICIA 

A nivel autonómico, o balance oficial confirma 229 novos positivos na última xornada. En total, hai 2.285 casos activos, 149 máis que o sábado, tras darse 80 altas.

A situación mellora lixeiramente nos hospitais, con 51 pacientes, dous menos que o sábado. Hai unha persoa menos en UCI e unha menos en planta de hospitalización. En total, hai 41 en planta e 10 na unidade de críticos . 

Por áreas sanitarias, todas teñen máis casos que o sábado e A Coruña e Pontevedra confírmanse como as de maior número de persoas diagnosticadas con covid-19

Na Coruña hai 610 casos activos, 13 máis que o sábado, tras rexistrarse 46 contaxios. En Vigo hai 386, 27 máis que o sábado, tras 38  contaxios. En. Pontevedra hai 459, 46 máis, tras 55 novos positivos. 

En Ourense hai 279, 25 máis, tras confirmar 37 casos desde o sábado. En Lugo son 240, 10 máis, tras 16 novos positivos. En Santiago hai 223, 14 máis, tras 22 novos. En Ferrol son 88, 14 máis e 15 positivos na última xornada. 

Desde o inicio do plan de continxencia faleceron en Galicia 2.437 persoas, e realizáronse 2.377.542, 3.831 nas últimas 24 horas.