O Rexistro da Propiedade continuará no edificio do antigo matadeiro de Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
20 de decembro 2019

O Concello de Ponte Caldelas renovou o contrato co Rexistro da Propiedade para que este servizo continúe prestándose nas proximidades ao Xulgado de Paz, no centro da vila, para facilitar as xestións administrativas

Renovación do convenio co Rexistro da Propiedade en Ponte Caldelas
Renovación do convenio co Rexistro da Propiedade en Ponte Caldelas / Concello de Ponte Caldelas

Este venres, Andrés Díaz, alcalde de Ponte Caldelas renovaba o contrato co Rexistro da Propiedade de Ponte Caldelas-Redondela coa intención de que este servizo continúe a ofrecerse nas oficinas situadas no edificio do antigo matadoiro.

Durante o anterior mandato, O goberno local realizou as xestións para evitar que se perdese esta dependencia. O Rexistro paga un aluguer simbólico para manterse no antigo matadoiro, cuxas instalacións se atopaban en desuso, e co acordo acadado garantíase a presenza da oficina no municipio con tres traballadoras en nómina a xornada completa.

A oficina atópase situada no centro da vila, nas proximidades ao Xulgado de Paz e preto de Notaríaa e das oficinas bancarias. Desta forma, segundo indica o alcalde, facilítase a xestión e os trámites administrativos á veciñanza