O rei Juan Carlos visita á princesa Leonor en Marín xunto a Felipe e Letizia

Marín
27 de setembro 2024
Actualizado: 22:30

Foi "un breve encontro familiar e privado dos catro", informou a Zarzuela. Tras a cita na Escola Naval os reis de España foron a Combarro, onde compartiron mesa en 'O Peirao' con antigos compañeiros de promoción de Felipe VI

O rei emérito Juan Carlos I, á saída en coche da Escola Naval de Marín
O rei emérito Juan Carlos I, á saída en coche da Escola Naval de Marín / EFE/ Emilio Lavandeira

O rei Juan Carlos acudiu este venres á Escola Naval de Marín para visitar á súa neta, a princesa Leonor, nun encontro no que tamén participaron os reis, Felipe e Letizia.

Foi "un breve encontro familiar e privado dos catro", informou a Zarzuela.

A reunión produciuse esta tarde antes da cea organizada en Marín para celebrar 40 anos de xúraa de bandeira da promoción da Armada de Felipe VI. 

O rei emérito aproveitou a presenza dos reis na Escola Naval e "pediu ir ver" á súa neta, polo que se desprazou desde Sanxenxo onde se atopa estes días para participar nunha competición de vela. 

Os reis aterraron esta tarde en Peinador nun Falcon das Forzas Aéreas.

Tras a cita na Escola Naval os reis de España foron a Combarro, onde compartiron mesa en 'O Peirao' con antigos compañeiros de promoción de Felipe VI nunha cea a base de polbo, zamburiñas, navallas, mexillóns, e lagostinos, entre a variedade de petiscos elixido.