O rei emérito regresa a Sanxenxo

Sanxenxo
21 de novembro 2023

O rei Juan Carlos regresou este luns a Sanxenxo onde participará na regata Desafío Barceló que se disputará en augas da ría de Pontevedra. É a última proba da Copa de España na categoría 6m  

Chegada do rei Juan Carlos a Sanxenxo
Chegada do rei Juan Carlos a Sanxenxo / EFE/ Salvador Sas

O rei Juan Carlos regresou este luns a Sanxenxo onde participará na regata Desafío Barceló que se disputará en augas da ría de Pontevedra. É a última proba da Copa de España na categoría 6m.

Antes de chegar ás Rías Baixas o seu avión privado fixo dúas escalas, unha en Xenebra e outra en Vitoria, para someterse a unha revisión médica.

Está previsto que permaneza en Sanxenxo ata o luns. É a quinta ocasión na que visita a vila para competir nalgunha regta co Bribón. De novo alóxase en casa do seu amigo Pedro Campos, presidente do Real Club Náutico de Sanxenxo.

A diferenza das anteriores, nesta ocasión a visita non xerou gran expectación mediática. Espérase que Juan Carlos I reciba a visita da súa filla maior, a infanta Elena.