Juan Carlos I volverá de novo a Sanxenxo. Farao esta mesma semana para participar na última regata da tempada e gozar duns días cos seus amigos da vela.
Así o confirmou a axencia Efe tras consultar coa contorna do rei emérito.
A previsión é que o monarca chegue ao aeroporto de Vigo nos próximos días. Virá, como é habitual, nun jet privado desde Abu Dabi e aloxarase na casa do seu amigo Pedro Campos.
O rei emérito, nesta ocasión, prevé quedar nas Rías Baixas durante unha semana.
Ademais, espera recibir visitas de parte da súa familia, entre elas a súa filla maior, a infanta Elena, e a súa irmá, Margarita de Borbón, coas que xa estivo na súa anterior viaxe, a finais de setembro.
Esta será a sexta vez que Juan Carlos I acuda a Sanxenxo desde desde que se instalou en Emiratos Árabes Unidos debido á súa irregularidades fiscais e a súa polémica conduta persoal.
A proba Desafío Barceló da próxima fin de semana é a última proba da Copa de España na categoría 6m, na que o Bribón, o barco que patronea o rei emérito, ocupa a primeira posición con doce puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado.