O recurso xudicial contra a autovía A-57 presentarase nunha semana

Pontevedra
27 de decembro 2014

'Salvemos a Fracha' non entende a présa que se deu o Goberno en dar luz verde á licitación da obra ' in extremis' na última reunión do ano despois de máis dunha década de xestións falidas e cando aínda non hai ningunha noticia nin avance nos outros seis tramos da autovía. Considera "un despropósito" que se acelerase a contratación do tramo

A Plataforma Salvemos A Fracha marcou o trazado da A-57
A Plataforma Salvemos A Fracha marcou o trazado da A-57 / Salvemos A Fracha

A plataforma cidadá 'Salvemos a Fracha' formalizará nun prazo máximo dunha semana o recurso xudicial contra o proxecto de contrucción por parte do Ministerio de Fomento da autovía A-57. Para poder sufragalo teñen en marcha unha campaña de captación de fondos.

Segundo explicou o colectivo veciñal, o recurso pedirá que se paralice o proxecto de construción da autovía e a paralización preventiva de calquera obra ou actuación na zona á espera de que o xulgado adopte calquera decisión ao respecto.

A plataforma quere evitar que as obras cheguen a executarse antes de que saia a resolución xudicial. Entre os seus obxectivos está "evitar desastres como o ocasionado na estrada O Pino-Bora, cuxas obras foron ilegalizaradas pola Unión Europa cando xa estaban realizadas e o dano xa se causara".

'Salvemos a Fracha' pedirá a paralización preventiva de calquera obra ou actuación na zona 

O enxeñeiro Anxo Bravo xa rematou o informe elaborado para apoiar o Contencioso-Administrativo e o avogado Jerónimo Escariz está a rematar a redacción da demanda co horizonte de formalizala nun prazo máximo dunha semana.

As súas reivindicacións céntranse no primeiro tramo de á-57, proxectado entre o lugar da Ermida, en Marcón, e Vilaboa. Trátase dun tramo de 6,4 kilómestros que este venres recibiu autorización do Consello de Ministros para a contratación das obras.

Ante este último trámite, o colectivo sinalou este sábado a través dun comunicado que mostra o seu estupor e "non" entende "a présa que se deu o Goberno" en dar luz verde á licitación desta infraestrutura 'in extremis' na última reunión do ano despois de máis dunha década de xestións falidas e cando aínda non hai ningunha noticia nin avance nos outros seis tramos da autovía.

O colectivo considera "un despropósito" que se acelerase a contratación do tramo cando o proxecto está concibido en sete fases e tan só dunha hai avances en firme. Ao respecto indican que "dos outros tramos non hai ningunha noticia e moito temémonos que queden sobre o papel e a obra non chegue a completarse nunca", de aí que se vexa como unha dilapidación aínda maior destinar 100 millóns de euros ao primeiro tramo (o presuposto de licitación ascende a 86,31 millóns de euros, aos que hai que sumar as expropiacións e outros contratos menores como dous millóns de euros para seguridade das obras).

Jacobo Moreira: "ÿ unha noticia que marcará a historia recente de Pontevedra"

'Salvemos a Fracha' entende aínda menos que se axilizase a tramitación da obra cando nos últimos meses están a aumentar os colectivos sociais e políticos que se opoñen á autovía e a plataforma xa anunciou publicamente a presentación dun recurso xudicial contra o proxecto.

Fronte a esta postura do colectivo veciñla, o voceiro do PP en Pontevedra, Jacobo Moreira, valorou este sábado a través dun comunicado que a autorización por parte do Consello de Ministros é "unha noticia que marcará a historia recente de Pontevedra".

Moreira insiste en chamar á A-57 'circunvalación' e cre que "non pode haber unha forma mellor de rematar o 2014". Na súa opinión, o Ministerio de Fomento, que dirixe a veciña de Pontevedra Ana Pastor, volve a comprometerse con Pontevedra "dotándoa das infraestruturas necesarias para mellorar a calidade de vida dos seus veciños". 

Arquivado en