O recinto da Feira Franca, a exame

Pontevedra
26 de agosto 2015

Varias dotacións do Corpo de Bombeiros de Pontevedra levan dende a semana pasada revisando todas as rúas do casco histórico e os arredores nas que haberá actividades da Feira Franca, tanto as propias da programación do evento coma as comidas ou ceas organizadas por particulares e negocios

Os bombeiros revisan os hidrantes do casco histórico
Os bombeiros revisan os hidrantes do casco histórico / Mónica Patxot

Os preparativos para a celebración da Feira Franca seguen avanzando na cidade e inclúen, dende hai días, a revisión das bocas de rego e hidrantes de todo o recinto no que se situará a festa os días 4 e 5 de setembro.

Varias dotacións do Corpo de Bombeiros de Pontevedra levan dende a semana pasada revisando todas as rúas do casco histórico e os arredores nas que haberá actividades da Feira Franca, tanto as propias da programación do evento coma as comidas ou ceas organizadas por particulares e negocios durante as xornadas do venres e o sábado.

Os bombeiros realizan estas tarefas co fin de detectar posibles deficiencias ou atoamentos no sistema e actuar en consecuencia antes da chegada da festa. O obxectivo é poder garantir que todos funcionan correctamente e poderán usarse durante os días de Feira Franca en caso de que se produja algún incidente que requiran o uso de hidrantes e bocas de auga.

Arquivado en