O público de Raxó volverá saltar na noite deste xoves con Dr. Queen na Festa do Mar

Poio
25 de agosto 2022

A orquestra Olympus actuaba con notable éxito durante o mércores, na segunda cita musical da Festa do Mar, despois da inaugural de El Combo Dominicano. Este xoves 25 a partir das 22.00 horas, a banda tributo Dr. Queen lembrará as mellores cancións da agrupación que lideraba Freddie Mercury

Actuación da Orquestra Olympus en Raxó
Actuación da Orquestra Olympus en Raxó / Concello de Poio

A Orquestra Olympus ofrecía durante a noite do mércores a primeira das actuacións musicais da programación da Festa do Mar del Concello de Poio previstas na parroquia de Raxó. Numeroso público asistía a esta cita para bailar ao ritmo da agrupación.

Este xoves 25, a música continuará vibrando no escenario situado en Raxó. A partir das 22.00 horas, os afeccionados ao rock teñen unha cita coa banda tributo Dr. Queen, que ofrecerá algúns dos máis coñecidos éxitos da histórica formación liderada por Freddie Mercury.

A seguinte actuación musical chegará o domingo 28 na Praza da Chousa de Combarro, cun espectáculo a cargo de Concert Kids Gisela, ás 20.00 horas, unha proposta para toda a familia, que será seguida por Euro ABBA ás 22.00 horas no mesmo escenario.

A entrada é libre e gratuíta para todas estes concertos.