A solicitude de melloras no Estadio Municipal de San Pedro seguen estando á orde do día entre os socialistas de Marín.
Igual que fixeran en varias ocasións para a consecución final do terreo de xogo, o PSOE volveu pedir no pleno que, "aproveitando a situación actual de pouco uso debido á pandemia, se acondicione funcional e esteticamente a cantina situada na entrada principal" xa que consideran que a que está actualmente "é impropia dun estadio de fútbol".
Segundo explicou Diego González, responsable da área de Deportes do PSOE de MARÍN, "parece máis un galpón que un lugar no que os afeccionados poidan estar de maneira confortable, ademais de romper totalmente coa estética do estadio" e solicita que a intervención, en caso de realizarse, "fose similar á outra, gardando así unha simetría e un mesmo formato estrutural a ambos os dous lados da bancada principal".
Así mesmo, rogou a "disposición de papeleiras na entrada de pavillóns municipais para evitar o gran número de cabichas e sucidade que existe á entrada destes".