O PSOE promete endurecer as penas por maltrato e abandono de animais na súa campaña electoral

Pontevedra
29 de xuño 2020

A número 3 da candidatura socialista por Pontevedra, Paloma Castro, visitou este luns as instalacións de Os Palleiros acompañada por membros da súa candidatura e da agrupación local do PSOE

Visita da número 3 da candidatura socialista á Xunta por Pontevedra, Paloma Castro, a las instalaciones de Os Palleiros
Visita da número 3 da candidatura socialista á Xunta por Pontevedra, Paloma Castro, a las instalaciones de Os Palleiros / PSOE Pontevedra

As instalacións da protectora Os Palleiros en Campañó recibiron este luns a visita dos candidatos do PSOE á Xunta Paloma Castro, Rafael Cotelo e Manuel Loureiro. Durante o percorrido polas distintas estancias da entidade, os socialistas mostraron o seu compromiso de modificar a lei de Protección e Benestar dos Animais de Compañía en Galicia para endurecer as penas por malos tratos e abandono.

 "Os animais, ao igual que nós, son seres sensibles á dor e á crueldade, coa diferencia de que eles non poden manifestar nin denunciar as inxustizas das que frecuentemente son vítimas", alegaron durante o paseo no que tamén participaron os concelleiros Tino Fernández e Iván Puentes.

Paloma Castro, que é a número 3 da lista do PSdeG pola provincia de Pontevedra e é concelleira de Benestar Animal no Concello de Pontevedra, subliñou a necesidade de  "desenvolver plans coordinados entre os concellos en materia de xestión de refuxios, protección e adopción de animais abandonados, incluíndo bonificacións fiscais".

Tamén apostan polo desenvolvemento de campañas de sensibilización tanto no ámbito educativo como na poboación xeral sobre a tenencia responsable de animais.

Os socialistas lembraron ademais que o seu programa electoral inclúe plans de protección das especies protexidas de Galicia, con políticas de colaboración entre as distintas administracións.