Santa María de Sacos, en Cerdedo-Cotobade, foi o lugar escollido este domingo polo Partidos Socialista para poñer o foco no despoboamento rural e a crise demográfica que afronta Galicia.
Foi nun acto no que participaron os candidatos Paloma Castro, Julio Torrado, Leticia Gallego, Lorena Durán, Manuel Loureiro e Sheila Ferreira.
A candidatura socialista cualificou de "fracaso" a política demográfica da Xunta de Galicia, e aposta polo reforzo dos servizos públicos básicos (sanidade, educación ou transporte), políticas de vivenda e o coidado do medio ambiente no medio rural como medidas para paliar a situación.
"Feijoo presentouse ás Autonómicas de 2009 situando o reto demográfico como unha das súas prioridades, as cifras do seu fracaso están á vista pois Galicia é a comunidade autónoma con máis núcleos de poboación baleiros, perdeu máis de 100.000 habitantes, e a Lei de Impulso Demográfico quedou en propaganda", defendeu Paloma Castro.
Sinalaron como exemplo os socialistas os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre Cerdedo-Cotobade, afirmando que a pesar da fusión municipal pasouse de 6.107 habitantes en 2017 a 5.687 no ano 2023.
Por último o PSOE asegurou que a falta de vivenda pública nos municipios rurais unido aos problemas para impulsar a rehabilitación e a consctrucción converteuse nun problema estrutural.