O PSOE pide á Deputación un "plan extraordinario e ambicioso" para os concellos

Pontevedra
22 de maio 2024

A proposta lembra que o anterior goberno provincial deixou 196 millones de euros nas contas bancarias, segundo reflicte o informe de Intervención e que o informe de liquidación do pasado mes de febrero, sinala que existe agora mesmo un remanente de tesourería de 208 millóns 

Ana Laura Iglesias e Digna Rivas
Ana Laura Iglesias e Digna Rivas / Mónica Patxot

O grupo do PSdeG-PSOE na Deputación de Pontevedra instará ao goberno provincial que preside Luis López a lanzar "de xeito inmediato" un "plan extraordinario e ambicioso" para os concellos.

Será no pleno ordinario convocado para este venres 24 de maio nunha moción que este mércores foi presentada pola voceira socialista Ana Laura Iglesias que deu conta en rolda de prensa desta iniciativa.

Os socialistas botan en falta que a Deputación non teña "unha soa actuación importante ou iniciativa nova destinada a transformar a nosa provincia" e lembra que no actual goberno provincial "nin sequera foron capaces de dotar con 60 millones de euros o plan concellos", unha "teima" que tiña o anterior portavoz do Partido Popular Jorge Cubela cando estaba na oposición no anterior mandato.

Segundo Ana Laura Iglesias o actual Plan Mais Provincia, e unha suma dos anteriores plans Concellos, Agora e Revitaliza e "nin así" acadan ese orzamento "que tanto nos reclamaban". 

Para o PSOE o de Luis López é un goberno "inexistente, sen ideas, sen ambición e o único que fai é repetir unha e outra vez que esta deputación está ao servicio dos Concellos pensando, seguramente, que se repite unha mentira mil veces, esta se convertirá en verdade". 

Ana Laura Iglesias sinala que nos anteriores mandatos con Carmela Silva como presidenta desenvolvéronse "ata seis plans extraordinarios" que "transformaron a nosa provincia e supuxeron un investimento de máis de 115 millóns de euros para 151 grandes dotacións e equipamentos nos concellos".

A proposta que fai o grupo do Partido Socialista lembra que o anterior goberno provincial deixou 196 millones de euros nas contas bancarias, segundo reflicte o informe de Intervención e que o informe de liquidación do pasado mes de febrero, sinala que existe agora mesmo un remanente de tesourería de 208 millóns de euros "moi superior incluso o propio orzamento que se aprobou para este ano 2024 a Deputación de Pontevedra". 

"Así que, aproveitando o extraordinaria herdanza que remanentes de 208 millóns de euros, hai recursos de sobra para afrontar un plan de verdade para apoiar aos concellos da nosa provincia e garantir así servizos e derechos", asegurou Ana Laura Iglesias. 

"Polo tanto, hai recursos, pero que sí que non sabemos é si hai vontade e gañas de poñerse a traballar dunha vez polo ben da nosa provincia", concluiu. 

IGUALDADE

A segunda moción que vai presentar o PSdeG-PSOE neste pleno pretende que desde a Deputación de Pontevedra se inste a Xunta de Galicia se recupere a Secretaría Xeral de Igualdade.

Esta moción forma parte dunha "ofensiva institucional" dos socialistas contra os cambios no organigrama da Xunta na área de Igualdade, que pasou de ser unha secretaría xeral a dúas direccións xerais: Promoción dá Igualdade, por unha banda, e Loita contra a Violencia de Xénero, por outro.

Os socialistas reclámanlle ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda que, "como mínimo", recupere "a entidade que xa tiña" como secretaría xeral, aínda que consideran que debería ter unha Consellería propia, ao tempo que cargan contra a "deriva moi preocupante" que, ao seu xuízo, iniciou Rueda con estes cambios orgánicos. "En Galicia non fai falta que esté a extrema dereita porque xa está o Partido Popular para facer as súas políticas", dixo Ana Laura Iglesias.