A executiva provincial do PSdeG-PSOE de Pontevedra nomeará en breve unha comisión xestora na agrupación local de Sanxenxo despois da dimisión da maior parte dos seus responsables.
Nun comunicado emitido este venres polo PSdeG-PSOE informaron que "ante a dimisión da maior parte da comisión local do PSdeG-PSOE de Sanxenxo producida este xoves a executiva provincial decidiu nomear unha comisión xestora para pilotar o partido nos próximos meses ate a constitución dunha nova executiva local, segundo recolle a normativa interna".
Este proceso, en ningún caso, interfire no proceso de constitución do concello de Sanxenxo e na representación obtida polo Partido Socialista.