O PSOE esixe ao Concello que "non enturbie" a xestión do Goberno sobre Elnosa

Pontevedra
30 de xullo 2018

Ao Goberno de Pedro Sánchez, con respecto ao futuro de Elnosa, "non se lle pode esixir máis" do que fixo nos últimos dous meses. Así o asegurou o portavoz do PSdeG-PSOE en Pontevedra, Tino Fernández, que esixiu ao Concello que "se deixen de lerias" e eviten facer declaracións que "enturbien" as xestións gobernamentais

Maica Larriba e Agustín Fernández con Pedro Sánchez en Pontevedra
Maica Larriba e Agustín Fernández con Pedro Sánchez en Pontevedra / Mónica Patxot

Ao Goberno de Pedro Sánchez, con respecto ao futuro de Elnosa, "non se lle pode esixir máis" do que fixo nos últimos dous meses. Así o asegurou o portavoz do PSdeG-PSOE en Pontevedra, Tino Fernández, que esixiu ao Concello que "se deixen de lerias" e eviten facer declaracións que "enturbien" as xestións gobernamentais.

Fernández recomendou "calma" a todos aqueles que están "nerviosos", xa que entende que as cousas "hai que facelas ben" para evitar que un hipotético recurso da empresa "empantane" este asunto durante moitos anos.

O dirixente socialista reiterou que o Goberno debe resolver o expediente de caducidade da concesión de Elnosa, aberto a instancias dunha sentenza da Audiencia Nacional. Para iso, só falta o informe do Consello de Estado.

Trátase, dixo, dun procedemento "reglado" e que inclúe trámites que "non se poden saltar". O que pide o Concello, que entende que a concesión finalizou e a actividade de Elnosa debe cesar, supoñería "prevaricar" segundo o líder dos socialistas pontevedreses.

Estas manifestacións cáusanlle "perplexidade", xa que Tino Fernández asegura que demostran unha "ignorancia preocupante" do funcionamento dunha administración pública. É, ademais, "irónico" que veñan dun goberno, engadiu, que se caracteriza pola "lentitude" na súa propia tramitación administrativa.

Ademais, criticou que no últimos catro anos e medio -a sentenza da Audiencia Nacional é de xaneiro de 2014- "non escoitei ao BNG pedir rapidez ao PP para sacar adiante este tema" cando foron os populares os que, a través da Xunta de Galicia, pediron ao Goberno central "ralentizar" este expediente.

Arquivado en