Os socialistas da provincia cualifican "dun verdadeiro escándalo e vergonza" que o Partido Popular leve de "tapadiño" a Rafael Louzán nas listas ao Senado, "cando todo o mundo sabe que o verdadeiro candidato é él aínda que figure como suplente".
O secretario xeral considera "inadmisible que o presidente Núñez Feijoo sexa cómplice dunha estafa a los electores como é situar a Louzán como suplente". Así, lamentou as "artimañas" do Partido Popular que sitúa a Louzán como suplente da candidata ao Senado Marta Lucio "que todo o mundo sabe que nin tan sequera vai tomar posesión porque está a dirixir o Museo do Mar de Vigo e ademais é funcionaria da Deputación de Pontevedra".
Santos Héctor considera que existe a intención de acadar para Louzán o aforamento ao ser senador "e non ter que comparecer na xustiza ordinaria pola súa imputación por cohecho continuado polo caso dos seus alugueres ou dar as explicacións oportunas sobre as acusacións de prevaricación e tráfico de influencias como presidente da Deputación".
Trátase, mantén o secretario xeral socialista, dunha estratexia preconcibida ao igual que a súa petición de aprazamento de comparecencia ante os xulgados de Vigo ate despois das eleccións xerais. "Unha vez que sexa senador a causa contra él sufrirá un novo retraso xa que será o Tribunal Supremo quen teña que solicitar ao Senado permiso para a súa comparecencia e enxuizamento polo seu aforamento", subliñou Santos Héctor.
"Os cidadáns teñen dereito a conocer con claridade e total transparencia cales son os criterios seguidos para poñer ao señor Louzán como suplente e se ten tantos méritos como din Núñez Feijoo e confían na súa persoa porque non vai de número un e non de suplente", subliñou o secretario xeral.
RESPOSTA DE FEIJÓO
O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que "a explicitación" da situación procesual do presidente do PP pontevedrés, Rafael Louzán é "a que fai" que vaia como "suplente" nas listas para o Senado.
Feijóo suxeriu que Louzán podería ser número 1 ao Senado, "do presidente do PP de Pontevedra ninguén discutiría, dada a súa traxectoria e experiencia política, que puidese ir como número 1 ao Senado".
De forma velada e sen mencionalo expresamente, aludiu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, imputado na 'Operación Patos', do mesmo xeito que Louzán. Así, apuntou que "se hai alcaldes que seguen sendo alcaldes" e presidentes dos rexedores de España, así "como concelleiros da primeira cidade de Galicia en poboación" que continúan nos seus cargos, "non parecía moi xusto" evitar que dirixentes populares investigados puidesen ir de suplentes.