O PSOE destaca que as mulleres encabezan o 44% das súas candidaturas nas municipais

Pontevedra
18 de marzo 2019

O secretario xeral provincial, David Regades destacou a alta porcentaxe de renovación nunhas listas "amplamente paritarias e consensuadas mediante o diálogo"

Comisión Executiva Provincial do Partido Socialista
Comisión Executiva Provincial do Partido Socialista / PSdeG

A Comisión Executiva Provincial aprobou esta fin de semana na súa xuntanza en Pontevedra o 100% das candidaturas socialistas para os vindeiros comicios municipais nos concellos de máis de 20 mil habitantes e o 95% naqueles muncipios de menos de 20 mil habitantes. Unhas listas que, segundo destacou o secretario xeral provincial, David Regades, "destacan pola importante incorporación de mulleres nos postos de saída e por un alta porcentaxe de renovación nunhas candidaturas paritarias".

O máximo dirixente provincial sinalou que das candidaturas aprobadas ata o momento, 25 están encabezadas por mulleres, o 44% delas. A porcentaxe de mulleres é aínda maior, un 63%, nas candidaturas que se presentan a estes comicios por vez primera, "é evidente que as e os socialistas poñemos en práctica as políticas de paridade nas que cremos", sinalou Regades, quen destacou a necesidade de que cada vez un maior número de mulleres ocupen postos de responsabilidade, "somos conscientes do papel relevante que están chamadas a asumir as mulleres na sociedade actual", afirmou.

O Comisión Executiva celebrada este domingo no Hotel Galicia Palace serviu así para anunciar oficialmente 56 candidaturas en total, a maioría de carácter paritario e moitas delas cremallera. 22 delas están encabezadas por 14 candidatas e 8 candidatos que se presentan por vez primeira a uns comicións electorais, o que supón case un 40% de porcentaxe de renovación nas candidaturas presentadas.

Regades valorou positivamente o traballo feito por parte de todas as agrupacións para confeccionar unhas listas fortes e cercanas á cidadanía e loubou o traballo feito polo partido nun proceso "exemplar" no que primaron "o diálogo e o consenso".

 

Arquivado en