O PSOE denuncia que Viaqua ocultou "posibles recortes de persoal"

Pontevedra
26 de marzo 2018

"A empresa ten que aclarar a súa situación. Ten que explicar como van a afectar a Pontevedra os recortes de persoal previstos para os próximos anos", indicou o portavoz local do PSOE, Tino Fernández

Tarefas de limpeza de rede de sumidoiros en Pontevedra
Tarefas de limpeza de rede de sumidoiros en Pontevedra / Cristina Saiz

"A empresa ten que aclarar a súa situación. Ten que explicar como van a afectar a Pontevedra os recortes de persoal previstos para os próximos anos", indicou o portavoz local do PSOE, Tino Fernández.

Esta petición de aclaracións ven motivada pola noticia aparecida a principios de ano na que se indicaba que o grupo SUEZ (ao que pertence Viaqua) está preparando recortes por valor de 200 millóns de euros para o 2018 e ata o 2020. Eses recortes incluen unha redución de persoal en España dados os malos resultados do ano 2017.

"A empresa ofertou a mellor ratio de persoal para a concesión de Pontevedra e incluíu a 150 traballadores de apoio. Iso fixo que se lle outorgase a máxima puntuación. Agora nos estamos enterando que nos próximos anos están previstos recortes nas súas delegacións territoriais. Unha cousa non encaixa coa outra" insistiu o portavoz do PSOE.

Os socialistas creen que o asunto é o suficientemente grave para que se lle pidan explicacións á empresa e garantías de que os recortes non van a afectar ao servizo en Pontevedra en caso de resultar adxudicataria da concesión. "En caso contrario estarase distorsionando o concurso en beneficio dunha empresa que pode estar presentando ofertas que logo non vai a poder cumprir", engadiu Tino Fernández.

Os socialistas estenden esta posible "distorsión" a outros aspectos nos que tamén foi a mellor valorada, como no control de calidade, no plan de medios materiais, ou no plan de formación. "Non sabemos ata onde poden afectar os recortes pero estamos a falar de 600 millóns en 3 anos, o que non é cousa menor", dixo.

Segundo afirma Tino Fernández "o concurso da Auga vai de mal en peor. O alcalde Lores intenta vender como un éxito o que en realidade é un pelotazo. Pontevedra vai a darlle a unha empresa privada mais de 130 millóns de euros". 

"Insistiremos ata o final na incoherencia do BNG que predicaba unha cousa na oposición e fai outra diferente dende o goberno. A nosa proposta segue a ser estudar a remunicipalización", destacou Tino Fernández.

 

Arquivado en