Marcos Rey, presidente da Asociación de Veciños e da comunidade de Montes de Verducido, formará parte da candidatura do PSOE ás próximas eleccións municipais "nun lugar destacado" informou este mércores Tino Fernández, candidato a alcaldía pola formación socialista.
"Trátase dunha incorporación que prestixia e potencia á candidatura e que demostra que cando os socialistas falamos do noso interese polo rural dicímolo moi en serio", valorou Tino Fernández.
Aínda que a configuración da lista é unha decisión que corresponde a asemblea de militantes que se celebrará a mediados do mes de marzo, Fernández está convencido de que non haberá problema para que Marcos Rey ocupe un posto relevante xa que "está falado con moita xente e todos mostraron un apoio sen fisuras", dixo.
"É unha persoa nova, dinámica, moi preparada, con moito impulso e que vai facer un gran papel na próxima corporación", considera Tino Fernández que se mostrou convencido de que "as parroquias estarán moi ben representadas por Marcos".
Precisamente para este xoves, os socialistas previron unha reunión coa veciñanza de Verducido, na que participará os propio Marcos Rey.