O grupo municipal do PSOE ven de reiterar a súa solicitude dunha copia dos contratos asinados entre o Concello de Marín e os propietarios das parcelas destinadas a aparcamento de vehículos.
Segundo o portavoz socialista Manuel Pazos ata a data unicamente facilitaron dous contratos dos doce existentes. "Queremos coñecer por que a uns abónaselles un alugueiro mensual e a outros non e tamén a que compromisos chegou o Concello con cada un deles", indicou o edil do PSOE.
A cuestión foi trasladada á concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín e nun pleno á propia alcaldesa María Ramallo.
Para Manuel Pazos "este escurantismo non presaxia nada bo".