O PSOE critica a "traizón" de Pepa Pardo ao "vender" aos pontevedreses no Senado por "medrar" no seu partido

Pontevedra
07 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

O portavoz do grupo municipal do Partido Socialista ha criticado a "traizón" da concelleira pontevedresa e senadora do Partido Popular Pepa Pardo ao votar na Cámara Alta en contra dos obxectivos de estabilidade orzamentaria para o conxunto de administracións públicas no período 2024-2026 expostos polo Goberno

Pepa Pardo, concelleira e senadora do PP de Pontevedra
Pepa Pardo, concelleira e senadora do PP de Pontevedra / Mónica Patxot

O portavoz do grupo municipal do Partido Socialista critica a "traizón" da concelleira pontevedresa e senadora do Partido Popular Pepa Pardo ao votar na Cámara Alta en contra dos obxectivos de estabilidade orzamentaria para o conxunto de administracións públicas no período 2024-2026 expostos polo Goberno.

Segundo indicou Iván Puentes ao tombar a maioría absoluta do PP os obxectivos de déficit aplicaranse uns obxectivos máis esixentes para comunidades e concellos, que contarán con 5.000 millóns de euros menos. Así os concellos terán que pechar o ano cun 0,2% de superávit o que significa un maior constrinximento no gasto público.

No caso concreto de Pontevedra, segundo as cifras achegadas por Iván Puentes, neste ano 2024 supón "un recorte de aproximadamente 61 euros por veciño"ou dito doutro xeito "recortar máis de 5 millóns de euros do orzamento municipal".

Iván Puentes sinalou que para a cidade de Pontevedra este voto negativo do PP "ten un nome e apelido clarísimo que é a senadora Pepa Pardo" que "tamén é concelleira de Pontevedra para máis INRI" polo que "se supón que está elixida polos veciños e as veciñas para defender os intereses de Pontevedra".

O portavoz socialista local censurou que Pepa Pardo "decidiu defender os intereses de Feijóo e de Ayuso" polo que "vendeu a esta cidade e vendeunos a todos os veciños e veciñas por medrar no seu partido político", dixo Iván Puentes.

Por último, o portavoz do PSOE engadiu que "o PP de Pontevedra ten un suposto líder que se chama Rafa Domínguez" que, segundo dixo, "é unha persoa que leva meses rogando para que alguén lle dea o que non lle deron os cidadáns nas urnas que é a Alcaldía" e que, con esta votación da concelleira Pepa Pardo no Senado "demostra unha vez máis que non está á altura" xa que "un alcalde, por encima de todo, mesmo por encima do seu partido, o que ten que facer é defender aos veciños da súa cidade".

 

RESPOSTA DE PEPA PARDO

Pepa Pardo, concelleira e senadora do PP por Pontevedra, respondeu este "nuevo ataque del PSOE local" por votar en contra dos obxectivos de estabilidade orzamentaria na Cámara Alta asegurando que "he votado no, y lo volvería a hacer una y mil veces más. Estoy orgullosa de votar no al Gobierno de Pedro Sánchez, a un Gobierno que ha cedido a los chantajes de los independentistas de Cataluña, a cambio de mantenerse en el poder".

A número dous dos populares na cidade lembrou que o Partido Socialista "está desesperado" e que esta comparecencia do seu portavoz municipal serviu para deixar “al descubierto sus argucias políticas" nun momento de "extrema debilidad" do Goberno de España e do PSOE.

"Frente a los bandazos y los cambios de opinión continuos de los socialistas", a tamén secretaria xeral do PP local de Pontevedra defendeu a igualdade de todos os españois fronte a "los que pretenden dar privilegios a determinadas comunidades autónomas por su interés personal".