O PSOE "axita conciencias" contra o "pelotazo" da privatización da xestión da auga en Pontevedra

20 de abril 2018

O Partido Socialista ven de presentar un folleto dirixido a que a veciñanza coñeza "o que está a pasar coa privatización da auga e como vai a repercutir nos seus petos" indicou o portavoz do grupo municipal do PSdeG, Tino Fernández

Folleto do PSOE "O pelotazo da auga"
Folleto do PSOE "O pelotazo da auga"

O Partido Socialista vén de presentar un folleto dirixido a que a veciñanza coñeza "o que está a pasar coa privatización da auga e como vai a repercutir nos seus petos" indicou o portavoz do grupo municipal do PSdeG, Tino Fernández.

O documento formula oito preguntas ás que os socialistas dan resposta: como se privatizou o servizo no ano 1997, que votaron BNG e PSOE nese momento, como virou de posición o BNG no 2018, o custe da privatización, exemplos de remunicipalizacion existosos ou a postura do PSOE, entre outras cuestións.

O folleto complétase cunha pregunta sen reposta "por que o BNG e o alcalde Lores mudan a súa posición e pasan a apoiar os intereses dunha empresa privada?", entendendo que debe ser o alcalde capitalino, Miguel Anxo Fernández Lores quen responda.

"Esperemos que este folleto axite conciencias", dixo Tino Fernández, que vén insistindo en que é necesario estudar a posibilidade de remunicipalizar a xestión do abastecemento da auga aproveitando o fin da concesión.

"Ao igual que pelexamos polo carácter público da sanidade, deberiamos pelexar polo carácter público na xestión dun ben como é a auga. O movemento veciñal debería pedir explicacións, porque este é un tema de máxima importancia para a cidade", di o voceiro socialista.

A todo esto, o grupo municipal do PSOE suma que o proceso de selección da empresa está a sementar moitas dubidas. "Todo o que rodea a este curso é cando menos raro e está a levantar suspicacias. Iso non é bo nin para o goberno nin para Pontevedra", valorou Tino Fernández.

Arquivado en