O PSOE acusa a María Ramallo de defender antes ao seu partido que aos veciños

Marín
14 de agosto 2021

Desde o PSOE esixen a María Ramallo "que non se poña de perfil ante os problemas que estamos a sufrir en Marín que para iso é a Alcaldesa e convidámola novamente a que some en lugar de restar"

Protesta da Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo diante do Concello de Marín
Protesta da Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo diante do Concello de Marín / Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo

O portavoz do grupo municipal do PSOE en Marín, Manuel Pazos acusou á alcaldesa María Ramallo de defender antes ao seu partido que aos veciños.

Pazos fai referencia ás concentracións veciñais levadas a cabo esta semana polos veciños de Seixo que reclaman contra a deterioración de servizos no seu centro de saúde e doutra banda o ANPA de Virxe do Carme loita por evitar a perda de profesorado e de calidade educativa no seu colexio. 

Segundo o socialista, a alcaldesa "púxose de lado en ambos os casos e renuncia a dar a batalla en defensa dos veciños", no que entende que é "un comportamento máis propio dun alto cargo da Xunta que dunha alcaldesa á que os veciños lle piden axuda e que se pelexe polas súas reclamacións xustas e razoables".

Desde o PSOE esixen a María Ramallo "que non se poña de perfil ante os problemas que estamos a sufrir en Marín que para iso é a Alcaldesa e convidámola novamente a que some en lugar de restar".