O PSdeG-PSOE prepara xa as municipais entre críticas ao "pucheirazo" do PP coa Lei Electoral

Pontevedra
02 de agosto 2014

Así o cualifica o secretario xeral dos socialistas pontevedreses, Santos Héctor, que se mostrou convencido de que mudar as normas cando restan tan só dez meses para as eleccións municipais débese a que "o PP de Rajoy e Feijoo tratan de modificar a lei para disimular o seu desplome nas próximas municipais"

Xuntanza da Comisión Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Pontevedra
Xuntanza da Comisión Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Pontevedra / PSdeG-PSOE de Pontevedra

Analizar as próximas eleccións municipais. Ese era o principal obxectivo da xuntanza que este venres mantiveron os membros da comisión executiva provincial do PSdeG-PSOE de Pontevedra. E nese ámbito, os socialistas téñeno claro. As pretensións do Partido Popular de modificar a lei electoral para que no caso da elección de alcaldes goberne a lista máis votada é un "auténtico pucheirazo".

Así o cualifica o secretario xeral dos socialistas pontevedreses, Santos Héctor, que se mostrou convencido de que mudar as normas cando restan tan só dez meses para as eleccións municipais débese a que "o PP de Rajoy e Feijoo tratan de modificar a lei para disimular o seu desplome nas próximas municipais e o fan xusto tras a caída das eleccións europeas".

Os "intentos" do PP de "confundir a cidadanía" coa identificación da rexeneración democrática coa elección directa de alcaldes "non deixa de ser un burdo intento de solucionar os seus problemas internos e adecuar a lei electoral aos seus propios intereses electorais", insistiu Santos Héctor.

Igualmente, o voceiro socialista criticou o Partido Popular por aprobar unha lei de reforma dos concellos que "limita as súas competencias ao mínimo e alonxa os concellos dos cidadáns" e agora xustificar que "pretende acercar a cidadanía aos alcaldes coa súa proposta de reforma electoral".

Nesta xuntanza, a executiva provincial do PSdeG-PSOE avanzou que pretenden novamente presentar candidaturas nos 62 concellos da provincia e acadar representantes en cada unha de elas. Por elo instaron a todas as agrupacións locais a comezar a traballar cara a conseguir as mellores candidaturas e a facer programas electorais que respondan ás necesidades dos seus veciños.