O PSdeG defende a xestión pública da residencia da terceira idade da Fundación Amancio Ortega

Pontevedra
22 de xaneiro 2024

A xestión pública da residencia de maiores que a Fundación Amancio Ortega está a ultimar no barrio da Eiriña é unha das principais reivindicacións defendidas polo PSdeG en materia de política social, "fronte ás políticas de menosprezo coas que o PP e Rueda castigan aos nosos maiores"

Paloma Castro, con integrantes da candidatura e do partido
Paloma Castro, con integrantes da candidatura e do partido / Mónica Patxot

A xestión pública da residencia de maiores que a Fundación Amancio Ortega está a ultimar no barrio da Eiriña é unha das principais reivindicacións defendidas polo PSdeG en materia de política social, "fronte ás políticas de menosprezo coas que o PP e Rueda castigan aos nosos maiores". 

Paloma Castro, candidata socialista ao Parlamento por Pontevedra, lembrou este luns que a capital conta nestes momentos unicamente cunha residencia da terceira idade de xestión pública, que é a de Campolongo, "cun número de prazas claramente insuficiente para asumir a demanda existente neste municipio e nos concellos limítrofes".

Entre as iniciativas concretas que o PSdeG plantexa para Pontevedra tamén destaca a aposta polo incremento de persoal dos Equipos de Valoración e Orientación (EVO) dependentes da Xunta, "algo que consideramos imprescindible para reducir os tempos de agarda na valoración do grao de discapacidade".

Castro considera que as políticas dos 'populares' galegos coas persoas maiores "mesmo chegan a superar en infamia e falta de corazón ás desenvolvidas en Madrid pola súa colega Isabel Díaz Ayuso". 

Acompañado dos tamén candidatos por Pontevedra Pedro Hermida e Lina Garrido, a concelleira do PSOE sinalou entre as medidas contempladas no programa electoral abandeirado por José Ramón Gómez Besteiro inclúense a reposición daTarxeta Básica, da que se beneficiaban 55.000 persoas en Galicia; a asunción dunha maior porcentaxe do custo económico do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que permitiría aos concellos contratar máis horas de axuda e aliviaría a asfixia que padecen; a posta en marcha dun Plan contra a Pobreza Infantil, e a aposta por un novo modelo de residencias, público e achegado ao territorio. 

Asemade, os socialistas pretenden repoñer o número de 12 educadores no cadro de persoal do centro de menores Avelino Montero, comprometéndose á continuidade da xestión pública do mesmo como requisito esencial para acadar a súa finalidade reeducativa. O aumento de persoal nos equipos de menores, que permitirían un seguimento máis detallado, é outra das medidas incluídas no programa do PSdeG.

Arquivado en