O proxecto europeo eTwinnig fomenta a relación entre Poio e Portugal

Poio
28 de xaneiro 2020

Este luns, os alumnos do centro IES Poio recibiron aos alumnos de Valença do Minho na súa visita ao municipio galego como parte de eTwiling, o proxecto que busca a colaboración escolar en Europa. Os alumnos, acompañados de catro profesores visitaron algúns dos lugares máis emblemáticos do municipio.

5e30326373-img-20200128-wa0017.jpg
5e30326373-img-20200128-wa0017.jpg /

Este luns, os alumnos do IES Poio e de Valença do Miño visitaron diferentes lugares do municipio de Poio como motivo del proyecto europeo eTwinning
A expedición estaba formada por ao redor de 40 alumnos e catro profesores pertencentes dos 2 centros.

A excursión empezou coa visita ao mosteiro de San Xoán, para despois pasar pola Casa do Concello, onde lles esperaban o alcalde de Poio e a concelleira de educación. Pola tarde, para finalizar a viaxe, os alumnos tiveron a visitar a zona vella de Combarro.

Esta visita sucede dúas semanas despois de que os alumnos de Poio estivesen a visitar Valença do Minho. Este intercambio de visitas forma parte do proxecto europeo de eTwinning, cuxo principal obxectivo é o de fomentar a colaboración escolar en Europa.