A décima cuarta edición do Pograma Saudemente, impulsado desde a Concellería de Benestar Social e Mocidade, xa conta con preto de 100 persoas incritas.
Iniciada no outono de 2007, onde un grupo de veciños e veciñas maiores de 60 anos participou nas primeiras sesións celebradas no Complexo Polideportivo Miguel Anxo Pazos da Seca, agora,ase tres lustros despois, a actividade está plenamente consolidada en Poio.
"Movémonos en cifras moi semellantes a anos anteriores, a xente que se inscribe sempre quere repetir", asegura a concelleira de Benestar Social, a socialista Rosa Fernández. A media de idade dos e das participantes é de 80 anos aproximadamente, se ben "contamos con alumnado de máis de 90", como é o caso de María Luisa, a máis veterana, con 98 anos.
O Programa Saudamente está centrado no exercicio físico, talleres para exercitar a memoria e o coidado emocional, pero por riba de todo está a posiblidade de "ofrecer aos nosos maiores a posibilidade de socializar e de que demostren que son capaces de facer manualidades, resolver problemas ou realizar rutinas para o mantemento físico, que é algo que afecta de xeito moi positivo á súa autoestima", sinala Fernández, que afirma que "é digna de admiración a motivación dos e das inscritas, que todos os días se esforzan en aprender e acaban moi satisfeitos polo traballo ben feito".
Ademais, a edil socialista resalta a importancia deste programa porque está dirixido a persoas que están nunha etapa da vida na que se cae no illamento, "algo que queremos evitar a toda costa".
Agora, unha vez recuperadas as clases presenciais e o aforo ao 100%, Rosa Fernández asegura que é "moi importante" e, aínda que a xente seguiu traballando desde as súas casas, "o que de verdade querían eran volver a reunirse, algo que nos solicitaron en todo momento".
As persoas maiores de 60 anos que estean interesadas en anotarse nas actividades de Saudemente poden facelo chamando ao 986872401.